miércoles, 11 de junio de 2014

visita á aula da natureza

Bo día!

Informámolos de que a saída á aula da natureza do Concello prevista para hoxe día 11 de xuño aplázase ata o venres 13 do mesmo mes por motivos alleos ao centro educativo.



lunes, 9 de junio de 2014

Unha visita moi especial!

Esta semana celebramos a semana da saúde e puidemos aprender e pasalo ben con distintos obradoiros e saídas, pero tamén cunha visita moi especial: Cardio estivo con nós!!



domingo, 8 de junio de 2014

Exams are here again!

Esta semana vuelven los exámenes, porque ya está terminando la tercera evaluación ¡y el curso!  Es hora de recopilar y ser conscientes de todo lo que hemos aprendido.

El lunes realizaremos las pruebas de evaluación escrita de lengua castellana y de matemáticas, el martes las de lingua galega e coñecemento do medio y el miércoles las de lengua estranjera: inglés y religión.

¡Ánimo a tod@s! 


 

martes, 3 de junio de 2014

Preparando a nosa representación teatral!!



Estimadas familias e responsables do alumnado de primeiro de primaria:



Como saben, estamos preparando a nosa obra de teatro de fin de curso, e a data xa está cerca, terá lugar o mércores 18 de xuño ás 16:30, no centro escolar.


E xa chega o momento de preparar o vestiario que precisamos para representar a nosa obra. A continuación teñen unha lista das personaxes e algunhas imaxes que poden servir de inspiración para elaborar os nosos complementos. Búscase utilizar prendas que xa teña a rapazada ou que poda usar no día a día e de baixo custo. Se algunha familia ten problemas ou dificultades para conseguir as prendas suxeridas ou os complementos poden pórse en contacto coa titora que procurará o preciso, e se hai outras dispostas a colaborar con prendas, ideas ou complementos estaremos encantados!


Bolboreta - Mariposa: leggins ou pantalóns curtos, camiseta de cor vivo lisa, alas de bolboreta



Xoaniña - Mariquita: leggins negros, camiseta vermella, capa de xoaniña (pode facerse con goma-eva ou un paraugas de fondo vermella con puntos negros)






Esquíos – Ardillas: leggins e camisetas grises ou marrones, orellas de goma-eva ou similar e cola 



Rato – Ratón: leggins e camiseta gris, marrón ou negro, orellas de goma-eva ou similar e cola













Raposos – Ratos: leggins e camisetas-chaquetas marróns, orellas de raposo (goma eva ou similar) e cola
















Serpes – Serpientes: leggins e camisetas verdes, gorras verdes












Rás – Ranas: leggins e camisetas verdes, viseras verdes con ollos e lingua (goma eva ou similar)




Paxaro – Pájaro: pantalón e sudadeira de carapucha de algodón negros, pico e ollos (goma eva)
 

Mouchos – Buhos: pantalóns e camisetas marróns, trozo de tela marrón para facer as alas (colgará da parte inferior dos brazos), plumas blancas e orellas (poden ser feitas con goma-eva ou similar)








 Cabaliño do demo – Libélula: pantalóns ou leggins e camiseta azuis, alas.


 



Pedras – Piedras: pantalóns e camisetas grises ou negras






Grúfalo: pantalón marrón, sudadeira con carapucha marrón, ollos laranxas e espiña moradas(suxeitos á carapucha e as costas da sudadeira)




Narradoras: vestido ou roupa de rúa

lunes, 2 de junio de 2014

Semana da saúde con cardio

Esta semana celebramos a semana da saúde no cole grazas ao programa Si! e ao Concello de Ourense.

Hoxe fixemos pan!!! 
Metimos as nosas mans entre a masa e amasamos:



Dímoslle forma:







E despois gozamos coas nosas obras:





Pero ainda queda moito máis, mañá visitaremos as hortas do concello, o mércores faremos un obradoiro de viaxe no tempo e o venres teremos a visita do noso amigo CARDIO!!!! 

Ademais, a vindeira semana vistaremos a aula da natureza, o mércores día once.





Aproveitamos a entrada no blog para avisarlles de que poden pasar pola secretaría do centro para solicitar as axudas de material escolar para o vindeiro curso escolar.